O 3 de abril disputarase a II Bandeira de Bateis Concello da Pobra do Caramiñal

30 Marzo 2021

O municipio pobrense retoma neste 3 de abril a II Bandeira de Bateis Concello da Pobra do Caramiñal, tanto
feminina coma masculina, despois de que se tivese que cancela-la edición do pasado ano por mor da COVID-19. Este evento deportivo foi presentado neste mediodía por parte do alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos
Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); e o remeiro e directivo do Club de Remo Puebla, Adrián González.
A regata disputarase na dársena do porto comercial a partir das 16.30 horas.
Unha proba na cal se citarán tódolos clubs da zona norte membros da Federación Galega de Remo, un total de 15, e que é clasificatoria para a participación no campionato territorial norte de bateis. As bandeiras recaerán no club feminino e masculino que logren o mellor resultado.
Así mesmo, ás 16.00 horas arrancará unha regata promoción de modalidades alevín e infantil, tanto feminina coma masculina, a cal non puntuará para a bandeira.
Tanto o rexedor coma a edil aproveitaron a ocasión para darlle os parabéns ao Club de Remo Puebla polo último éxito acadado: o XXIII Trofeo Cidade de Narón.
No transcurso da proba será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo sanitario FISICOVID-DXTGALEGO e o público poderá desfrutar do espectáculo dende os seus vehículos.
Organiza o Club de Remo Puebla co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal e a colaboración da Protección Civil e da Federación Galega de Remo.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.