No Son máis dun centenar de persoas autónomas e empresas recibirán as axudas PEL-Reactiva

04 Marzo 2021

O Concello de Porto do Son vén de publicar no taboleiro e na sede electrónica a resolución definitiva das axudas PEL Reactiva, impulsadas pola Deputación e destinadas a paliar as consecuencias económicas das empresas e as persoas autónomas derivadas da pandemia da COVID- 19.

En liñas xerais, Porto do Son destinará 172.500 euros ás axudas concedidas. De feito, máis de un centenar de autónomos e empresas sonenses recibirán achegas que oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros.

No grupo 1 (apto para microempresas e autónomos) pediron as axudas 84 beneficiarios, mentres que no 2 e no 3 (ao que pertencen os traballadores que se viron afectados polo peche e os ERTES), soamente 9.

Os solicitantes deberán xustificar os gastos subvencionábeis antes do 31 de marzo para poder recibir o importe concedido.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.