Na Pobra entrégase a viaxe familiar a Eurodisney da campaña de Nadal

11 Marzo 2021

O Concello da Pobra entregou este 11 de marzo un dos grandes premios da campaña Raña e gaña, que se desenvolveu no Nadal co obxectivo de impulsar o comercio de proximidade e premiar a fidelidade da cidadanía aos establecementos da súa contorna. Estamos a falar da viaxe familiar a Eurodisney, que foi entregado a María de los Ángeles Davila Ouviña de mans do alcalde Xosé Lois Piñeiro, da directora das relacións externas de CONGALSA, Isabel Cañas; e da representante do establecemento local do téxtil Mi barquito de papel onde se distribuíu a tarxeta, Ana Boo.

O Concello lembrou que “a situación epidemiolóxica e os casos que rexistraba o municipio a comezos deste 2021 propiciou que se tivese que pospor este acto ata o presente mes de marzo”.

O rexedor destacou “o éxito que tivo a campaña”, axudando “a que a xente mercase no comercio local, que o coñecese mellor e que, polo tanto, pensase nel cando planifica as súas compras”.

Pola súa parte, a directora das relacións externas de CONGALSA, Isabel Cañas, salientou a orixinalidade e os beneficios da campaña dirixida a apoiar o comercio local, “polo que dende o principio tivemos claro que debíamos participar”.

A referida proposta naceu baixo a premisa de dinamizar a economía local. Repartíronse máis de 85 000 rascas nos 71 establecementos comerciais e de servizos do termo municipal entre o día 28 de novembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos, que se traduciu en arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 20.000 euros.

Unha iniciativa que naceu da unión de forzas por parte do Concello, a Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, a Asociación do Pequeno Comercio Deán e a Asociación de Profesionais da Praza de Abastos coa colaboración de empresas que quixeron achegar o seu grao de area: CONGALSA, Rianxeira/Escurís, Camping Ría de Arosa, Conservas Ortiz, Conservas Ramón Franco e DS Smith Cartogal.

Dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela, enumeráranse como obxectivos desta iniciativa “a xeración de ilusión, ser un grande escaparate dos establecementos e produtos e servizos que ofertan, apoiar un sector imprescindíbel para a vida económica do concello e incentivar o consumo interno ao tempo que se atraen potenciais clientes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.