Na Pobra as persoas gañadoras do concurso Choqueirada na casa reciben os seus premios

08 Marzo 2021

Na tarde deste 8 de marzo efectuouse a entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso fotográfico Choqueirada na casa. As recompensas consisten en vales de compra para utilizar nos establecementos locais que participaron nesta iniciativa que se concibiu para o Entroido pobrense neste 2021. Para as categorías infantil, xuvenil, adulta e familiar establecéronse 3 galardóns (o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100), mentres que á foto antiga se lle asignou o especial de 200 euros.
Encargouse de efectua-la entrega a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.
Das máis de cen fotografías presentadas, o xurado ditaminou no 26 de febreiro que as distincións recaesen da seguinte maneira: na modalidade infantil, o primeiro galardón para ‘A raíña das flores murchas’, o segundo para ‘Sra. Marquesa’ e o terceiro para ‘A vella do visillo’; na xuvenil, ‘Unha vella nos tempos da COVID’ de primeira e os outros dous sen adxudicar por non se presentaren máis fotos; na adulta, ‘Moscón Fardón’ co primeiro posto, seguido de ‘A ladroa dos calcetíns da lavadora’ e de ‘A Queen da casa’. No que respecta á familiar, o ouro a ‘A familia Trapisonda’, a prata a ‘El inviolable’ e o bronce a ‘Secretos de choqueiros confinados’. Por outra banda, o premio especial á imaxe antiga para ‘Luces de bohemia nos Xardíns de Valle-Inclán’.
O dito concurso botou a andar coa pretensión de conxuga-lo desfrute da
tradición entroideira co feito de pór en valor a recuperación da figura do
choqueiro respectando as medidas sanitarias establecidas por mor da COVID- 19.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.