“Misión científica para avaliar a pesqueira do lirio”

16 Marzo 2021

Antón Luaces.- Cinco embarcacións de distintas nacionalidades, entre elas o buque de investigación científica Vizconde de Eza, do Ministerio de Pesca español, participan desde o luns na campaña oceanográfica internacional Blue Whiting Spring Survey (IBWSS). A saída do Vizconde de Eza tivo lugar no porto de Vigo, ao que retornará cando remate a campaña de avaliación da pesqueira do lirio. Unha campaña que levará ao buque ata a zona de Pourcupine e o Cantil do Gran Sol, ao suroés de Irlanda, nunha singradura que se vai alongar ata o 26 deste mes de marzo.
A Blue Whiting é unha campaña multidisciplinar acústica, con estacións e rexistros en continuo de variables físicas, químicas e biolóxicas do medio mariño, que ten como principal obxectivo avaliar a poboación de adultos reproductores de lirio e a caracterización do seu hábitat. A investigación determinará a abundancia e características da poboación desta especie (de tanta aceptación entre os consumidores galegos) utilizando un método de rastrexo acústico con pescas e hidroloxía. Ao mesmo tempo vai cartografiarse a área de distribución e, asociada á abundancia da pesqueira, tamén se caracterizará a ecoloxía reprodutiva e a presencia de predadores superiores.

A incorporación desta acción ao plan de campañas do Vizconde de Eza resposta á necesidade de realizar unha caracterización completa dun stock importante para a frota española. Ao aumkentar a zona de mostreo, os datos obtidos será máis completos e de maior callidade.

O Vizconde de Eza é un dos buques de investigación pesqueira e oceanográfica máis sofisticados do mundo. Con 53 metros de eslora e 13 de manga, o seu sistema de posición dinámico permítelle permanecer no mesmo punto sen variar a súa posición e compensando as condicións adversas de ondaxe, correntes e vento. Dispón de laboratorios especializados (bioloxía, física, acústica, húmido e informática) equipados con unha avanzada instrumentación científica.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

“Benvidos campións” – Antón Luaces

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.