“Manolo Cores, unha institución en sí mesmo” Antón Luaces

14 Marzo 2021

Tiña apariencia de seminarista dos anos 50 e encaixaba plenamentue no ronsel que deixaban na Riveira de aqueles anos Jovita Martínez, Cambeiro, Guillermo, Luís Sarasquete e outros que sí pasaran polo seminario. Pero que eu saiba, en Manolo Cores contaba o seu ADN coa marca indeleble das contas, das letras de cambio, dos intereses, do debe e o haber  e, sobre todo, a necesidade de dar solución a problemas que se poideran resolver mediante a intervención dunha entidade bancaria na que, coma o Banco de La Coruña, posteriormente de Bilbao  -con singular edificio na praza que conformaban, entre outros edificios, o do propio banco, a igrexa parroquial e o pazo de Otero Goyanes (que debeu ser Goiáns) tanto se ten significado na cidade e a súa contorna. Unha praza empedrada á que Manolo Cores chegaba cada día laborable de boa mañá e que, desgracidamente, xa non volverá a camiñar porque, os seus 93 anos dixeron “ata aquí, Manolo”. E ata aquí chegou un home bo, un empregado de banca que asumiu con fondo respecto a súa condición de director dunha entidade na que Pepe Cambeiro, cobrador da mesma entidade e ciclista con carteira, formou tandem para se introduciren na sociedade de aquela Riveira que tentaba xogar o seu papel decisivo para o salto de calidade que a converteu en referente en toda a comarca barbanzónica e a Ría de Arousa. Nese salto cualitativo, Cores tivo tamén o seu papel porque entidades, empresas de toda caste precisaron do informe e a intervención axeitada do directo dunha entidade bancaria como a que el dirixía dende o finamento do seu antecesor no cargo. 
Serio, alto, fraco, de paso decidido, Manolo Cores sempre tivo un sorriso e un saúdo para aqueles que atopaba na súa andaina. Coñecino e tratéino como amigo de meu pai e posteriormente -sendo eu xa un mozote- como persoa que sempre tiña para un verbas de ánimo e interese polo teu facer. E aquela seriedade de Manolo  Cores, inherente ao cargo, non lle impediu nunca o exercicio dunha fina retranca e entrega absoluta de axuda a quen o precisara.O papel desempeñado na constitución da Confraría da Dorna (daquela Cofradía) xunto a Emilio Fernández de Sanmamed Hermo, Juan Emilio Álvarez de Prado e outros, evidencia esa entrega. Agora naveha nunha imaxinaria dorna de nome “Virxe do Carme”, que os confrades da Dorna, pertencentes á Orde da Poutada, orientarán nos mares de nubes dende a cofiño de proa para que na nova dimensión a vida lle compense de canto nesta de Riveira fixo de ben polos seus concidadáns. Ata nos ver, benquerido Cores, de nome Manolo. Descansa en paz, vello amigo.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.