Licitadas as obras para renovar os servizos e o pavimento na rúa na travesa Falcato, en Corrubedo

22 Marzo 2021

O Concello de Ribeira vén de licitar os traballos para a renovación dos servizos e a pavimentación da rúa Falcato e da travesía do mesmo nome, ambas situadas na localidade de Corrubedo.

Segundo engadiu o Goberno local, a día de hoxe os servizos de augas e saneamento nesta zona “son antigos e rexistran avarías frecuentes”, en tanto que o pavimento de formigón se atopa en mal estado. Coa fin de solucionar estas eivas vaise executar un proxecto que inclúe, en canto a instalacións, as seguintes accións:

• Disposición polo centro da calzada dun colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro para canalizar as augas pluviais, amais de construír arquetas de sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado, ademais de acometidas de pluviais nas vivendas existentes.

• Para saneamentos, instalación dun colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetros, así como a realización de acometidas domiciliarias e pozos de rexistro.

No que atinxe a pavimentos vaise empregar pavimento de formigón de 15 centímetros de espesor, intercalado con franxas de lousas de granito con dimensións 60 x 40 x 8 cm.

O orzamento de licitación ascende a 76.133,13 euros, IVE incluído, estando o investimento enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son tres meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.