Este venres arrinca a primeira fin de semana con mobilidade en toda Galicia salvo en seis municipios pechados

11 Marzo 2021

Desde este venres 12 case todos os municipios galegos terán mobilidade despois das medidas de restrición da segunda e terceira onda que só se viron alixeiradas nas datas do Nada

As últimas decisións do comité clínico deixan sen embargo só seis municipios pechados a partir do venres, que son: A Pobra do Brollón e Paradela (Lugo); A Mezquita, Boborás e Vilardevós (Ourense); e Pontecesures (Pontevedra). Nestes concellos a hostalería está pechada (só permítese o servizo para levar ou recoller) e non están permitidas as reunións de non conviventes.

Pola súa banda, haberá outros 11 con limitacións e que se sitúan, por tanto, no nivel medio alto de restricións que implica reunións de máximo catro persoas, hostalería ata as 18,00 horas e só terrazas e mobilidade só aos municipios coa mesma incidencia (entre estes once, por tanto). Son os seguintes: Ponte Caldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa (Pontevedra); Chantada, Guitiriz e Lourenzá (Lugo); Arteixo, Cariño, Miño, Mugardos e Sobrado (A Coruña).

Finalmente, o resto de Galicia terá permitida a mobilidade esta fin de semana a calquera punto da comunidade. A hostalería estará aberta ata as 18,00 horas con servizo nas terrazas ao 50 por cento e no interior ao 30 por cento e as reunións están permitidas para un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes.

Rolda de prensa do comité clinico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.