En Riberia cinco detidos en tres rexistros

24 Marzo 2021

Cinco persoas foron detidas pola Policía Nacional durante o rexistro de tres narcopisos nas primeiras horas desta madrugada. As operacións tiveron lugar nas rúas Cervantes e Romero Ortiz de Ribeira. En dous puntos destas rúas levouse a cabo un amplo despregamento co fin de tratar de desmantelar dous narcopisos, que se completou cunha terceira intervención nun edificio da rúa Rosalía de Castro. O resultado foi a detención de cinco persoas e a incautación dunhas 150 papelinas de cocaína e heroína.
Os lugares eran puntos de venda de droga recoñecidos pola policia da cidade,e denunciados por veciños que deron a voz de alarma . Ao parecer, durante as últimas semanas mesmo houbo denuncias relativas a tentativas de roubos e atracos nas mencionadas rúas así como nas súas inmediacións.
O rexistro dos tres inmobles, dúas casas e un piso, concluíu coa detención de catro persoas acusadas de tráfico de estupefacientes. Trátase de individuos cun amplo historial delituoso, no que figuran arrestos anteriores tamén relacionados coa venda de drogas. Ao parecer, dedícanse ao tráfico a pequena escala, fornecendo de papelinas aos consumidores da zona. De feito, os axentes, que contaron coa axuda dunha unidade canina, atoparon nas vivendas pequenas cantidades de cocaína e heroína preparada para a súa entrega. Os axentes da Policía Nacional practicaron unha quinta detención. Neste caso, o arrestado está acusado dun delito de furto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.