En Ribeira uns 40 palmitos adornarán o Paseo das Carolinas

25 Marzo 2021

Operarios iniciaron esta mañá a plantación de máis de corenta palmitos na mediana central do paseo das Carolinas, dando continuidade así a unha intervención similar levada a cabo en anos pasados no Malecón.
A dotación desta especie arbórea comprende todo o longo da avenida, dende a altura do parque Xoán Fernández ata a intersección situada a uns metros da rotonda de Padín.
A actuación forma parte das obras de reordenación do paseo que están sendo executadas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto e comportan un investimento de 440.000 euros financiados por Portos de Galicia, incluíndo tamén a remodelación do parque García Bayón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.