En Ribeira renovaranse case 90 luminarias das rúas de Lugo, Rosalía de Castro de Galicia

29 Marzo 2021

O Concello de Ribeira vén de licitar dúas novas iniciativas para renovar, por unha banda, as luminarias da rúa Rosalía de Castro e, por outra, as das rúas de Lugo e Rosalía de Castro, ambas enclavadas no entorno do Consistorio.

A intención desta intervención dupla é mellorar a iluminación nestas vías substituíndo as luminarias actuais por outras de maior eficiencia “acordes co seu carácter preferentemente peonil”, informou o Concello, engadindo que os contratos inclúen a desmontaxe e retirada das luces actuais e o subministro e instalación das novas: 60 no caso de rúa Galicia, 4 na rúa Lugo e 24 de Rosalía de Castro, todas elas cunha cualificación enerxética A, a de maior eficiencia segundo a gradación existente.

A actuación na rúa Galicia ten un orzamento de licitación de 39.204 euros, IVE incluído, e un prazo de execución dun mes. A das rúas Lugo e Rosalía de Castro, de 18.295 euros e un mes. Ambas están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 2/2020.

O prazo de presentación de ofertas remata nos dous casos o 12 de abril á medianoite. As propostas débense presentar a través do Sistema de Licitación Electrónica de Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.