En Ribeira as bonificacións no uso do autobús polo municipio serán efectivas a partir deste luns

14 Marzo 2021

O Concello de Ribeira informa de que a partir deste luns 15 de marzo serán efectivas as bonificacións no transporte urbano en autobús polo municipioadoptadas en virtude do convenio de colaboración establecido entre o Concello e a Xunta de Galicia para a subvención deste servizo.
Para que un usuario xeral poida disfrutar desta bonificación (pola cal o prezo dun billete pasa de 1,50 euros a 85 céntimos) basta mercar unha Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) nalgunha das oficinas de Abanca situadas na cidade. Esta tarxeta ten un custe de dous euros e cada recarga deberá ter un mínimo de cinco euros.
Bonificacións sociais
O convenio contempla ademais tres clases de bonificacións sociais:
para estudantes (en que os billetes lles valen 60 céntimos), pensionistas (70 céntimos) e persoas en situación de emerxencia social (de balde).
Nestes supostos, os usuarios deberán acreditar que cumpren cos requisitos esixidos en cada caso, habendo uns requisitos xerais para todo eles (ter a tarxeta TMG e estar empadroado en Ribeira) e uns específicos.
Polo que se refire aos estudantes, deben ser menores de 28 anos e presentar un certificado de estar matriculado nun centro de ensino oficial público ou privado, dentro ou fóra do termo municipal. Deberán facelo na Oficina de Atención Cidadá na Casa Consistorial.
En canto aos pensionistas, deberán cumprir polo menos un destes requisitos: ser pensionista a partir de 65 anos, ter unha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33% ou ser usuario de asociacións dedicadas a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Ribeira.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.