En Outes convocada a XXV edición do Certame de Poesía Francisco Añón

11 Marzo 2021

O Concello de Outes convocou a edición 25 do seu histórico e prestixioso premio de poesía, o Certame de Poesía Francisco Añón, unha iniciativa que responde ao obxectivo fortalecido de “promover os valores creativo-literarios da nosa lingua”.

O premio, que leva o nome do escritor máis célebre da literatura local (Francisco Añón foi un dos grandes autores do Rexurdimento e, como tal, un dos principais artífices da posta en valor das nosas lingua e literatura logo dos longos anos de esquecemento dos séculos escuros), ten aberto neste intre o prazo para a presentación de traballos, que poderán enviarse até o 5 de abril.

O poeta local Francisco Añón

É un certame aberto ao público en xeral.

Quen queira consultar polo miúdo as bases pode facelo na web do Concello de Outes, en formato PDF.

Inclúense media ducia de categorías:

· Categoría A: para crianzas de 6 a 7 anos.

1º Clasificado: vale de 150 euros en libros e publicación da obra gañadora.

Accésit: publicación da obra.

· Categoría B: para nenas e nenos de entre 8 e 9 anos.

1º Clasificado: vale de 180 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

· Categoría C: para nenas e nenos de entre 10 e 11 anos.

1º Clasificado: vale de 210 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

· Categoría D: para rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos.

1º Clasificado: vale de 240 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

· Categoría E: mozas e mozos de 15 a 17 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 480 euros e publicación da obra.

Accésit: publicación da obra.

· Categoría F: maiores de 18 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 1.500 euros e publicación da obra gañadora.

Accésit: publicación da obra.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...