En Outes actívase esta Semana Santa o campamento de conciliación Tempo de Pascua

24 Marzo 2021

O Centro de Información ás Mulleres e o Concello de Outes achegan nesta Semana Santa o Campamento Tempo de Pascua. O programa desenvolverase no CEIP Plurilingüe de Outes entre o 29 de marzo e o 5 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas. As familias poderán acudir ao campamento en horario completo ou incorporarse unicamente das 10:00 ás 13:30 horas. As nenas e nenos que permanezan toda a xornada, terán a posibilidade de almorzar e xantar alí, sendo as familias as encargadas de levar os alimentos.

Con todo, as prazas ofrecidas son limitadas. O prezo establecido é de 15 euros en total, aínda que existen exencións e bonificacións por necesidade económica ou por ser varios irmáns. Ademais, o campamento desenvolverase seguindo as medidas COVID – 19 establecidas polas autoridades competentes.

Os interesados deberán entregar a seguinte documentación: unha copia da declaración da renda do ano 2019 e unha fotocopia do libro de familia e da tarxeta sanitaria do menor ou menores. No referente ás solicitudes, estas deberán presentarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Outes ou presencialmente no Centro de Información ás Mulleres.

Outros artigos

José González loa o traballo de ADISBISMUR pola inclusión laboral

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as...

+

Este 15 de agosto volve A Feiriña de Outes

O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vai organizar esta fin de semana a nova edición (a sétima) da Feiriña, un encontro para reivindicar as relacións veciñais e comerciais tradicionais, a creatividade local (e galega) e a dinamización...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.