En directo este sábado a entrega dos premios Alberto Romero

19 Marzo 2021

O Auditorio de Ribeira dará cabida este sábado, ás 18.00 horas, á gala de entrega dos premios do quinto Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. Nesta ocasión, debido á pandemia, non haberá público, só nomeados, autoridades e artistas invitados. Iso si, todos poderán seguir en directo a cerimonia a través da páxina web da asociación organizadora e do seu portal de Facebook. A pesar das dificultades derivadas do covid, este ano foron 68 os traballos que concorreron ao certame, a cifra máis elevada desde a súa creación. A gala será presentada por Vanesa Ordóñez e Emilio Palmeira. Actuarán Thais, Loren Tevra e Os Bandamueca.

As orixes

O certame audiovisual de curtas Alberto Romero naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as asociacións de nais e pais de San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición en 2017 deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...