En Boiro o Concello levou a cabo tarefas de limpeza e acondicionamento nas praias

O Concello de Boiro está a levar a cabo as tarefas de limpeza dos areais do municipio para acondicionar os areais unha vez rematada a época de temporais e fenómenos costeiros mais adversos. Os traballos veñen da man do departamento de Medio Ambiente.

Nesta primeira limpeza o que se está a levar a cabo son a recollida de todos os residuos depositados na area por acción das fortes mareas do inverno e preparar os areais de cara á época estival. De cara á chegada do bo tempo, vaise proceder tamén á apertura dos baños públicos do paseo marítimo.

O Concello de Boiro traballa tamén en implementar outras medidas de vixilancia para garantir a seguridade durante os días festivos e coidar que se cumpran as medidas de seguridade e prevención para evitar os contaxios.