En Boiro convócase un proceso selectivo para unha listaxe de técnicos de turismo

01 Marzo 2021

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha listaxe de contratación laboral temporal para técnicos de turismo. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e estará aberto a partir deste martes 2 de marzo. O obxecto da convocatoria é “a creación dunha lista de técnicos de turismo para a contratación laboral temporal segundo necesidade”. O número máximo de integrantes da lista establecese en 20 persoas candidatas e o sistema de acceso será de oposición libre.

O Concello explica que as persoas candidatas deben estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou posuír a titulación de Técnico de Empresas e Actividades Turísticas, grao en Turismo; en Ciencias Empresariais e Turismo; en Historia da Arte; Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia. Ademais, deberán posuír, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente, ter mais de 16 anos e non atoparse incuso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

A oposición vai constar de tres exercicios de carácter obrigatorio. O primeiro deles será unha proba de 50 preguntas tipo test relativas á historia de Boiro e á súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe. O segundo exercicio consiste na realización dun ou varios supostos prácticos relativos ás funcións a desenvolver no posto de traballo de técnico/a de turismo. O terceiro dos exercicios será unha proba de lingua galega para aquelas persoas que non acrediten posuír, como mínimo, un nivel CELGA 4 ou equivalente.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a contar dende este martes 2 de marzo e a documentación requirida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a Sede Electrónica. O anuncio da convocatoria e as bases con toda a información están a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.boiro.gal) ou na portería da Casa Consistorial.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.