En Boiro colocación dos bancos na actuación de Barraña

15 Marzo 2021

O Concello de Boiro executa obras para a mellora de beirarrúas na praia
de Barraña. A actuación, que se leva a cabo con cargo ao POS adicional 2019
da Deputación Provincial da Coruña, vén de mellorar a accesibilidade do tramo
da Avenida de Compostela que transcorre a carón do estuario do río Coroño.
Esta mañá chegou o mobiliario urbano que se vai colocar no espazo para
finalizar a obra.
O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras,
Luís Ruiz, visitaron esta mañá o lugar da obra para presenciar a chegada dos
bancos do mobiliario urbano. Trátase dun total de 10 pezas realizadas en
formigón branco que levan incorporadas bancadas con respaldo, de aceiro
inoxidable e acabado en madeira.
Con esta actuación véñense de adaptar as medidas para asegurar a
accesibilidade universal nun espazo público, garantindo a autonomía das
persoas favorecendo a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía,
especialmente para as persoas con discapacidade. O proxecto a executar une
a praia, o paseo do Río Coroño e os servizos da contorna do estuario,
adaptando o espazo á normativa vixente en materia de mobilidade.
Actuouse nun tramo de 270 metros na marxe sur da Avenida de
Compostela que percorre o pinar do Estuario do Rio Coroño. As beirarrúas que
había no lugar presentaban un estado de deterioro, polo que era preciso facer
unha renovación das mesmas, ademais de adaptalas á normativa actual en
canto a accesibilidade, así como a renovación do alumeado e a dotación de
espazo de novo mobiliario urbano.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.