En Boiro celébrase o 8-M con exposicións, teatro e a lectura dun manifesto

08 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou esta mañá un acto na Casa Consistorial para conmemorar o 8-M, o Día Internacional da Muller. En concreto, inaugurouse a mostra Muller, tradición e baile en Boiro e procedeuse á lectura do manifesto institucional por parte das representantes das asociacións que participan na exposición.

Marta Saavedra, de Abeloura; Isolina Sieira, de Nunca é Tarde; Concha Rodríguez, de Xilbarbeira; e Marisé Muñiz, de Pedra da Aroña, foron as protagonistas da lectura do manifesto, xunto co alcalde, José Ramón Romero. No acto estiveron tamén presentes máis concelleiros do Goberno e corporación municipal.

Ademais desta mostra, que estará exposta durante todo o mes de marzo no andar baixo da Casa Consistorial e que logo irá rotando por todos os centros municipais, o Concello organizou esta mañá un espectáculo de teatro para os máis cativos: Historias de Cinema, de Raquel Queizás, que se retransmitiu en directo para todos os centros educativos.

A programación continúa durante todo o mes con máis exposicións: Senlleiras da entidade Unión de Muchachas pode verse dende hoxe no Centro Social de Boiro e na Casa da Cultura estará exposta durante todo o mes As mulleres da nosa vida. Dende o CIM de Boiro e o departamento de Cultura tamén se van levar a cabo nos centros educativos charlas e contacontos sobre igualdade.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.