En Boiro avanzan as obras no Pazo de Goiáns e a súa contorna

25 Marzo 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Patrimonio, Raúl Treus, visitaron esta mañá o Pazo de Goiáns acompañado do arqueólogo municipal, Víctor Barbeito, para coñecer o estado da execución das obras de
restauración do inmoble e os traballos de limpeza e acondicionamento que se están a realizar na finca.
As obras de rehabilitación avanzan a bo ritmo. Está xa colocado o pavimento cerámico da planta Baixa, para o que se empregou unha baldosa hidráulica de pasta branca e decoración azul, un material que data de mediados do século XIX e que se colocou do modo orixinal, formando alfombras en cada estancia do Pazo.
Nas ultimas semanas estase procedendo tamén á colocación das ventás e portas interiores do inmoble, realizadas en pino albar e colocadas coa técnica de batente directo sobre pedra, tal e como se realizaba a colocación na
arquitectura compostelá dos séculos pasados.
O Concello de Boiro está traballando no acondicionamento dos xardíns e toda a contorna da finca, detectando árbores que poden ser catalogadas como senlleiras. Tamén se está traballando no mantemento das edificacións anexas
para evitar que se sigan degradando.
No mes de abril convocarase unha segunda Comisión de Avaliación e Planificación do futuro do Pazo de Goiáns, formada por un comité técnico municipal de distintos ámbitos para facer unha análise dos distintos aspectos
do inmoble e a súa contorna para determinar as potencialidades do espazo e determinar os posibles usos do mesmo.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...