En Boiro, a área de Xuventude impulsa actividades para que a mocidade exprese a súas necesidades e demandas

25 Marzo 2021

A área de Xuventude de Boiro quere fomentar o máximo diálogo coa mocidade local para coñecer as súas principais demandas e necesidades. Por esta razón, está a desenvolver unha ferramenta de participación para a mocidade do municipio que amais de ser unha canle para que a poboación xuvenil achegue as súas propostas, sexa tamén un recurso de comunicación co Concello.

Asi, dende a páxina web da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) de Boiro vén de pórse en funcionamento un buzón de suxestións cunha enquisa para coñecer máis a fondo o que a mocidade boirense opina sobre as posibilidades e potencialidades de Boiro, así como as carencias que consideran sobre infraestruturas, programas municipais ou recursos.

Xunto con esta actividade estabse levando a cabo tamén entrevistas e enquisas a persoas que pertencen a colectivos determinados ou organizacións culturais ou artísticas, para recadar tamén información máis específica. O proxecto, impulsado polo departamento de Cultura, inclúe tamén visitas a centros educativos para realizar entrevistas con profesorado e persoal de orientación e organizar grupos de traballo para traballar de maneira directa.

Todo este proceso poderá seguirse no blog da OMIX, onde está xa dispoñíbel o cuestionario para que a mocidade boirense poida facer chegar a súa opinión e poder levar a cabo iniciativas e actividades adaptadas ás súas necesidades.

Outros artigos

Boiro supera a media galega en doazóns de sangue

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver unha campaña especial para fomentar as doazóns durante o presente verán e, no marco desta campaña, a unidade móbil estará en Boiro os días 17, 18 e 19 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, e o...

+

Incendio nunha finca urbana no Concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron onte a unha chamada, sobre as 19:15 h, alertados  polo incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na avenida de Compostela, no Concello de Boiro.   Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.