As altas presións entrarán en Galicia ao longo da xornada do domingo. O día arrincará con chuvascos no terzo norte da Comunidade e con néboas no interior, o que dará paso a ceos máis despexados pola tarde.
Segundo información de Meteogalicia, as temperaturas mínimas seguirán sen cambios, pero as máxima ascenderán lixeiramente. Por cidades, os termómetros esborrallaranse ata os 4 graos en Lugo e Ourense, mentres que na mesma cidade de As Burgas poderán alcanzarse os 18 graos.
En canto aos ventos, soprarán frouxos e de compoñente norte, con máis fortes nas Rías Baixas

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



