Dispoñíbel online a mostra que percorre a nenez da poeta Xela Arias

08 Marzo 2021

A semana pasada o Goberno galego celebrou a apertura oficial dos actos conmemorativos autonómicos para celebrar as Letras Galegas 2021, adicadas este ano á poeta Xela Arias, nada en Sarria hai agora 59 anos. Precisamente a localidade lucense foi o lugar elixido para o inicio das actividades do Goberno autonómico, que comezan coa apertura da mostra Aquela nena de Sarria, promovida por Galicia Dixital e o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (a través da Secretaría de Política Lingüística), o Concello de Sarria e a Real Academia Galega (RAG). A mostra pode verse tamén no Portal da Lingua.

“Celebramos unha das mulleres máis innovadoras da cultura galega que sempre tivo a lingua como ferramenta de expresión e transformación da palabra poética e que sempre a dignificou”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen participou no acto de inauguración (celebrado na Casa da Cultura) co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Valentín García engadiu que Xela Arias foi “unha das mulleres máis innovadoras da cultura galega que sempre tivo a lingua galega como ferramenta de expresión e transformación da palabra poética e que sempre a dignificou desde as diferentes facetas que configuraron tanto o seu labor profesional, como tradutora e docente, como persoal”, concluíu.

Os actos contaron con recitado de poemas de Xela Arias a cargo das poetas Sonia Arias e Elena López, seguidos dunha interpretación musical a cargo de Eloi Caldeiro. Neles tamén participaron a nai e o fillo da homenaxeada, Amparo Castaño e Darío Gil, e distintos representantes das institucións participantes.

Primeira das mostras en homenaxe a Xela Arias

Aquela nena de Sarria, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández, por poetas locais, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou e ata un conxunto de Vilariñas, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu ano.

Dispoñíbel tamén desde o Portal da Lingua Galega, inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo. Poderá visitarse en Sarria ata o 15 de marzo e percorrerá despois os centros educativos do concello lugués.

Outros artigos

Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53ª edición

Curtas Festival do Imaxinario, o festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, con sede en Vilagarcía, presentou o cartel da súa 53ª edición. A imaxe, creada un ano máis polo artista arxentino Flavio Greco, mostra aos "Profundos", criaturas anfibias e...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.