Dimite o concelleiro de ICBoiro, Manuel Velo. Comunicado do concello boirense

O histórico político Manuel Velo renuncia despois de 38 anos nos que foi alcalde e concelleiro e deixa a política activa boirense. Apártase ao non lograr o seu obxectivo de conseguir un pacto de goberno entre todos os partidos (PSOE, BNG, IC Boiro e Boiro Novo) que en xuño do 2019 apoiaron o nomeamento do socialista José Ramón Romero, Martiño, como alcalde do municipio.

DECLARACIÓNS DO GOBERNO DO CONCELLO DE BOIRO

Despois do resultado electoral nas eleccións locais celebradas en Xuño do
2019, o PSdeG-PSOE de Boiro comezou unha serie de xuntanzas co resto de forzas políticas da esquerda para tentar acadar o goberno local.
En esas xuntanzas o partido socialista sempre foi moi claro. Dende o primeiro momento manifestou que non contemplaba un goberno formado por catro forzas políticas distintas, con catro formas distintas de facer política e catro formas distintas de ver a realidade do noso pobo.
Todos comprenderon entonces este principio, o cal unha vez mais dende o
Grupo Municipal Socialista temos que agradecer, e apoiaron a alternativa de goberno que significaba un goberno do PSdeG-PSOE en solitario a cambio das accións que este goberno tiña que levar a cabo, cada un prantexando as que considerou pertinentes.
Ata o de agora, un ano e nove meses despois, podemos decir que estamos
traballando para sacar adiante eses compromisos, tamén e como non podía ser de outro xeito os acadados con ICBOIRO.
No escrito de dimisión que presenta o Sr. Manuel Velo achaca o goberno unha falta de empatía a hora de levar a cabo un goberno conxunto de todalas forzas que apoiaron o goberno socialista, e tamén a falta de execución das accións propostas dende ICBOIRO.
Con respecto o primeiro quedou clara cal sería a forma de goberno dende o
minuto un, e con eses compromiso o Sr. Velo votou como alcalde o Sr. JOSE RAMÓN ROMERO sin indicar en ningún momento o que agora está a manifestar.
Con respecto a falta de execución das peticións feitas dende ICBOIRO, o
goberno do concello de Boiro está en condicións de demostrar que as peticións realizadas no seu día como condicións de acordo de goberno están xa executadas nunha ampla maioría.
No escrito de dimisión o Sr. Velo fai unha interesada e falsa interpretación da realidade. Pretende dar a entender que moito do logrado por este equipo de goberno durante estos 21 meses foi gracias a súa xestión, o que é totalmente falso.
Foi manifesta a falta de coñecemento do Sr. Velo con respecto a como é o
funcionamento actual da administración, algo que nunca acabou de entender, como ten posto de manifesto en moitas das peticións e como levalas a efecto.
Traslada tamén a sensación de que non se ten feito todo o que el ten proposto durante este tempo, cousa que como é comprensible, e máximo nas actuais circunstancias, foi materialmente imposible.
Este goberno seguirá a traballar para poder cumplir todos os compromisos
acadados nas negociacións con todas as forzas políticas que apoiaron a investidura, como non pode ser de outro xeito.
Esto refire tamén os compromisos con ICBOIRO, os cales se tentarán culminar ca persoa que asuma a representación de esta formación política.