“Cunchas de mexillón, un vello recursos en Galicia”. Antón Luaces

19 Marzo 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta semana o cocedoiro de mexillón do Grupo Proinsa. Este participa no proxecto “Mexigal” que busca elaborar con cunchas de mexillón fertilizantes para a agricultura ecolóxica, así como para pensos de aves nun proceso que non deixa residuos. Tal proxecto é unha das iniciativas da cadea mar-industria que aspiran a captar fondos europeos “Next Generation” que poderían chegar ós 550 millóns de euros. Con estas accións o sector contribúe a incrementar a cadea de valor de instalacións como os cocedoiros de marisco e a impulsar a economía circular ao reutilizar derivados do mexillón.
Son proxectos, dixo a conselleira na súa visita, que exemplifican o modelo cara ao que Galicia busca camiñar, que non é outro que promover o aproveitamento sustentable dos produtos do mar nos eidos social, económico e medioambiental. Este saber facer concorda co potencial de Galicia no eido da produción de mexillón e das empresas de transformación relacionadas con este sector.Este tipo de actuacións son, necesariamente, dignos de seren enxalzados porque, ao tempo que se tiran proveitos do seu tratamento e destino para a agricultura e a alimentación de aves, obtense o beneficio de que desaparecen os residuos que de feito deixan e que tantos e tan graves problemas causaron -e aínda causan- ás empresas como as conserveiras e os cocedoiros.Pero non deixa de ser anecdótico o feito de tales aproveitamentos, cando en realidade vai tan só 50 ou 60 anos, Galicia -e particularmente a comarca do Barbanza- aproveitaba ao máximo tanto a cuncha do mexillón como a do berberecho indo mesmo máis aló do que o proxecto apadriñado pola  Xunta vai agora. O mexillón cocido deixaba nos cocedoiros un problema residual que os labradores da comarca barbanzana resolvían con premura nada máis depositar as conserveiras as cunchas en grandes pilas a cotío feitas nas inmediacións das fábricas. Esas cunchas eran retiradas en carros de vacas e trasladadas ás fincas onde, antes de esparexelas, procedían a machacalas cos sachos e raños e, posteriormente, misturalas co esterco antes de gradar a terra para arala e obter así un resultado excelente de reforzo das condicións no ph da terra de labradío. O mesmo acaecía coas cunchas de berberecho que, a máis da función antes sinalada do mexillón, tamén se machaba ata case convertilas en graos que as galiñas consumían e que, segundo teño escoitado ós propietarios de galiñeiros, contribuían grandemente á acción desas aves de desfacer o que consumían dotándoas do calcio do que carecían.Tanto as cunchas do mexillón como as do berberecho eran aproveitadas asimesmo para eliminar as grandes humidades que se formaban en fontes -lembremos que a subministración de auga potable ós domicilios particulares é relativamente recente-, lavadoiros, currais, etc., hoxendía cubertas por ser cementadas as superficies.O inxenio dos -daquela- nosos maiores vése recompensado agora pola acción da Xunta, que se apunta un tanto cos beneficios derivados dos proxectos citados cando, verdadeiramente, non se fai outra cousa que aproveitar medios técnicos dos que os nosos devanceiros carecían.Cantas veces as vellas estradas de terra eran recubertas con esas cunchas que as aplanadoras reconvertían para evitar socavóns e escorrentías de auga que non facían ningún ben aos poucos coches daquela existentes e as abundantes bicicletas ou ciclomotores. Non hai nada novo. Trátase dunha readaptación que, en calquera caso, é de agradecer.

Instituto de Investigacions Marinas – IIM_CSIC

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.