Camping Ría de Arosa, FIxius e Piko Norte líderes tralo inicio da Regata Ría de Arousa na Pobra

29 Marzo 2021

Fixius, lider da Clase Pazo de Rubianes, nun momento da regata

A 2ª Regata Ría de Arousa deu comezo esta fin de semana coa saída nas inmediacións da Pobra. A falta de vento provocou que a saída se retrasara 40 minutos, pero tras unha lixeira brisa de apenas 5 nós o comité decidiu dar inicio á competición.

A tirada, que comezou na Pobra e deu a volta á Illa de Rúa, deixou tramos moi competidos, nos que os favoritos trataron de impoñerse nos primeiros metros. Na clase A Casa da Tía Elisa o primeiro en tempo real foi o Chispetrén, pero non sacou suficiente vantaxe a Cámping Ría de Arosa, a quen lle valeu para levarse a primeira manga.

O mesmo lle ocorreu a A Píllara, do CND Ribeira, que cruzou a liña de meta cun escaso minuto de vantaxe sobre o vilagarciano Fixius que acadou o primeiro posto. Na clase Pazo de Rubianes, O Sampaio, do CN Rianxo, acabou en terceiro lugar nesta clase.

Por último, na clase A Poutada, dominou Piko Norte que demostrou que con pouco vento é un óso para seus rivais, mais o barco rianxeiro San Bernabé púxollo difícil e conseguiu a segunda posición. Piolín, do CN Rianxo, rematou a competición no terceiro posto.

O vindeiro 8 de maior celebrarase a segunda xornada desta Regata que organiza o Club Náutico Arousa Norte e conta co patrocinio de A Casa da Tía Elissa, Pazo de Rubianes e A Poutada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.