Boiro mantén os contactos con Política Social para a construción dunha residencia da terceira idade no municipio

09 Marzo 2021

O Concello de Boiro segue traballando para construír no municipio unha
residencia publica para a terceira idade e mantendo contactos para que esta se leve a cabo. O alcalde, José Ramón Romero, mantivo unha xuntanza por videoconferencia co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para avanzar nesta demanda histórica do municipio.
O xerente trasladoulle ao alcalde o traballo que dende o Consorcio están
facendo neste sentido e tamén que, nos vindeiros anos, salvo que se produzan cambios so se van construír en Galicia as sete residencias públicas proxectadas nas sete grandes cidades. O alcalde puxo a disposición da xerencia do consorcio os terreos cos que o Concello conta, tanto no núcleo urbano, na rúa Manuel María, como na finca de Goiáns.
O xerente do Consorcio informou ao alcalde das distintas modalidades
de xestión que se están levando a cabo noutros Concellos e mostrou o seu
compromiso de colaborar coa administración local no asesoramento técnico e xurídico dos proxectos para a residencia da terceira idade en Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, manterá nas próximas semanas contactos cos alcaldes doutros Concellos que están a levar a cabo proxectos deste tipo en materia de xestión nas distintas residencias públicas.
O obxectivo do goberno local é que se faga unha residencia pública en
Boiro, que conta cunha poboación aproximada de 19.000 habitantes dos cales un 14’4% son menores de 64 anos. Aumenta o envellecemento e redúcense os nacemento, polo que a porcentaxe de persoas maiores aumenta en comparación coa xente moza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...