Boiro da a coñecer aos gañadores do concurso de entroido

17 Marzo 2021

O Concello de Boiro deu a coñecer ós premiados no Certame Fotográfico do Entroido Boiro 2021, que repartiu vales de compra para consumir nos establecementos locais por un importe total de 1.050 euros.
O concurso dividíase dúas categorías, infantil e xuvenil/adulta. Na categoría infantil a fotografía gañadora foi Gepetto e Pinocho, o segundo posto foi para A coacción do marisco e o terceiro para Moendo no muíño. Doutra banda, na categoría xuvenil/adulta os premiados foron Jlobo: chejamos a todas partes, Los jugadores de
cartas de Cezanne, e A cesárea da porca, co primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente.
Ademais, en ada categoría repartíronse cinco vales de compra por valor de 50 euros para os finalistas, e a Asociación boirense de Empresarios sorteou un vale por valor de 100 euros para consumir nos comercios asociados.
O xurado, composto pola Concelleira de Cultura, María Outeiral; un membro da asociación Fotográfica Olláparo, Eduardo Estévez; e a técnico de cultura, Elena Dosil, foron os encargados de dar a listaxes completa de gañadores que se pode consultar na web municipal.
Tódolos galardoados recibirán seu premio este sábado, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Boiro. Os vales de compra poden consumirse entre o 20 de marzo e o 14 de maio nos comercios e establecementos adscritos.
Ademais, todas as fotos participantes no concurso formarán parte dunha mostra itinerante que percorrerá os diversos centros municipais. En marzo estará en Cabo de Cruz, logo pasará pola Casa da Cultura de Boiro durante o mes de abril, no mes de maio en Abanqueiro, e rematará en xuño no Centro Social de Cespón.

Outros artigos

O Concello de Boiro impulsa os xogos tradicionais nas parroquias

O Concello de Boiro leva os xogos tradicionais ás parroquias mediante o programa Xogantina para fomentar o os xogos populares e inclusivos. No marco desta actividade vaise desenvolver unha xornada de actividades lúdicas tradicionais destinada aos centros de ensino e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...