Boiro comeza a semana en situación estábel e con nivel medio-baixo de restricións

22 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 22 de marzo unha nova sesión de traballo para avaliar a situación epidemiolóxica do termo municipal e facer balance as actuacións recentes para pórlle freo á pandemia no ámbito local e comarcal. Segundo se fixo saber (reflectindo datos da Consellería de Sanidade), o número de novos positivos e positivos activos “mantense estábel”, polo que o nivel de incidencia no municipio mantense en niveis reducidos (Boiro, polo tanto, continúa no nivel de restricións medio-baixo).

Respecto dos traballos desenvolvidos para frear os contaxios, explicouse que os operarios municipais de Protección Civil continúan coas limpezas e desinfeccións (abranguendo parques infantís, mobiliario urbano e espazos concorridos para evitar que se propaguen os contaxios) e que o Concello decidiu ampliar a capacidade máxima do auditorio da Casa da Cultura ata o 30% permitido, xa que ata o de agora os espectáculos estaban limitados a 50 persoas.

A Policía Local de Boiro mantén as medidas de control para coidar que se cumpran as restricións. Durante a fin de semana só se interpuxo unha denuncia por incumprimento de capacidade máxima nun local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...