Boiro acollerá unha xornada sobre oportunidades de emprego no rural galego

04 Marzo 2021

Boiro acollerá unha xornada Oportunidades de emprego no rural galego, á que asistirá o alcalde, José Ramón Romero, e Francisca Gago, da Asociación Deloa, entidade que organiza a iniciativa.

A xornada contará ca exposición de diferentes experiencias prácticas no sector agroalimentario da man da Comunidade de Montes de Baroña, fogar do Santiso e A Meixoeira. Ademais informarase sobre o taller Emprégate en Verde, que foi posto en marcha mediante un convenio entre a Escola de Organización Industrial e a Asociación Deloa, dirixido a persoas de entre 16 e 29 anos. A iniciativa contará cun taller práctico impartido por Margarita Fraga, directora de CULTIGAR.

Oportunidades de emprego no rural galego, que estará dirixida polo xornalista Manuel Cruz e que contará coa actuación do grupo Os Monifates, terá lugar o vindeiro venres 12 de marzo ás 18:00 horas no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. Así, tódolos interesados en asistir deberán formular a súa inscrición a través da web de Deloa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.