“As sensostén”. Celia García Pillado

14 Marzo 2021

Hai xa un ano dende que o modo de vida que coñeciamos cambiou repentinamente por mor da pandemia. Levantámonos dun día para outro cun confinamento total que supuña permanecer nas nosas casas, saíndo unicamente para o máis imprescindible, sen poder relacionarnos con familiares e amigos. Supuxo para moitas persoas quedar sen traballo ou, para outras con máis sorte, ter que traballar dende a casa. Todo isto deixounos moi confundidas e tivemos que aprender a vivir doutra maneira. Os nosos hábitos cambiaron e empezamos a recuperar afeccións que tiñamos abandonadas por falta de tempo ou a facer cousas que non fixeramos nunca como forma de evadirnos e canalizar o medo ou a frustración  que sentiamos.

Unha das cousas que tamén cambiou foi a nosa maneira de vestir. Ao ter que estar na casa tanto tempo optamos por unha indumentaria moito máis cómoda coma o chándal ou prendas vellas que estaban no fondo do noso armario, pero que nos facían sentir máis libres e esa sensación de liberdade era algo importante nunha situación que nos mantiña, dalgunha maneira, encadeadas.

E un día, eureka! experimentamos a sensación de vivir sen sostén. Por primeira vez na nosa existencia adulta, as mulleres sentiámonos libres dunha coiraza imposta dende hai séculos polos canons de beleza feminina. Vivir permanentemente oprimidas en todo o sentido máis extenso da palabra.

Quen non recorda a famosa escena de Lo que el viento se llevó a unha mami, suorenta polo esforzo, que apertaba unha e outra vez o corpiño da señorita Escarlata O’Hara para conseguir marcar esa cintura de avespa que os cabaleiros adoraban nunha muller.

As mulleres vivimos sempre baixo o xugo das modas impostas case sempre por homes, con excepción dalgunha muller, pero iso anos máis tarde, porque como en todo, hasta na moda tardamos en ter relevancia.

Non conformes só coa silueta, tamén nos impuxeron os zapatos de tacón, verdadeiras máquinas de tortura deseñadas para esnaquizarnos os pés pero que, segundo os gurús da moda, nos fan máis elegantes e femininas.

Non podemos pasar por alto outros temas: o cabelo, pintado ou con canas, longo ou  curto; a depilación, ou non; a maquillaxe… 

E, decidamos o que decidamos, sempre seremos cuestionadas. 

Esta é outra forma de represión cara ás mulleres. Non só foron o sostén e os zapatos, senón infinidade de normas estilísticas e sociais que baixo o nome de moda nos impuxo a sociedade e que moitas mulleres asumiron con gusto e outras con resignación, porque hai que ser moi valente para enfrontarse aos estereotipos  impostos. 

A principios do século XX un grupo de mulleres artistas, intelectuais e activistas da época, enfrontáronse ás  normas establecidas cun simple xesto que as recordaría para sempre como “as sensombreiro”. Quitarse o sombreiro en público, na Porta do Sol, esa acción que agora nos parecería sen importancia, era toda unha declaración de intencións. Loitar por un mundo igualitario entre mulleres e homes, demostrar que pensaban por elas mesmas e que non eran cidadás de segunda. Por tal motivo foron apedradas e insultadas.

Moitos anos despois temos que seguir loitando contra un sistema que hasta nos criminaliza por defender os nosos dereitos, que nos sigue cosificando e impoñendo un modelo de muller que moitas nos negamos a aceptar.

Así que aínda que nos pareza unha ironía, hasta da maldita Covid podemos sacar algo positivo, aprender a vivir sen sosténs.

Viva a liberdade en todas as súas formas.  

Outros artigos

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.