As principais medidas actuais para revitalizar o comercio, ao detalle no Congreso Galego de Centros Comerciais Abertos

03 Marzo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) confirmounos a súa participación na primeira edición do Congreso Galego de Centros Comercios Abertos, un evento online programado para os vindeiros 10 e 11 de marzo onde se van xuntar non só representantes dalgunhas das máis referenciais asociacións empresariais de Galicia (e o resto de España), senón tamén especialistas en metodoloxías axeitadas para a recuperación, revitalización e reactivación do panorama produtivo post-COVID. De feito, a dinamización comercial para superar a crise pandémica será a cerna temática do congreso, onde poderemos atopar laves para o impulso dos centros comerciais abertos.

Co obxectivo de compartir estas experiencias e descubrir distintas iniciativas que se están desenvolvendo dento e fóra de Galicia, o evento acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantes de varias zonas comerciais urbanas do Euskadi, Canarias ou Portugal.

Este primeiro Congreso está organizado polo Arteixo Centro Comercial Aberto, que exercerá de anfitrión, en colaboración coa Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos. “Nace adaptado ás circunstancias actuais, pero coa idea de ter continuidade no futuro”, confirmou a organización, engadindo que “as axudas económicas directas a pemes e autónomos, os bonos para o incentivo do consumo, a dixitalización do pequeno comercio e as iniciativas de transformación de espazos urbanos que se están a acometer en distintos lugares serán algúns dos temas a tratar nesta primeira edición”.

Renovación da xunta directiva

A última asemblea ordinaria da Asociación Galega de Xerencia de CCAs e CCUs serviu para renovar a xunta directiva que seguirá presidida, durante os vindeiros catro anos, por Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín e incorporarase ao equipo directivo como vicepresidente Tomás Estévez, xerente da ABE.

O novo equipo recibiu o respaldo unánime da asemblea e solicitou xa unha reunión co director xeral de Comercio, Manuel Heredia. Entre as propostas que lle queren trasladar figura a de que os centros comerciais abertos sexan os encargados de xestionar de maneira directa os bonos para o incentivo do consumo anunciados hai uns días polo presidente da Xunta.

“Os CCAs”, lembran, “teñen experiencia na implantación de políticas de dinamización comercial e coñecen de primeira man as necesidades dos pequenos negocios que integran o comercio local”.

A nova directiva da asociación reafirmou a súa vontade de “avanzar na profesionalización da xerencia das zonas comerciais, a nivel individual e colectivo”, e marcouse unha serie de obxectivos neste rumbo. Xunto a organización dun congreso anual, apostarase por realizar formación específica, favorecer o networking entre xerentes e compartir información sobre as distintas iniciativas que se están a desenvolver. Todo isto, din, “sen perder de vista o obxectivo primordial de actuar como órgano de representación e defensa do colectivo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.