Amicos e ENCE impulsan un proxecto de inserción laboral para a prevención de incendios forestais

02 Marzo 2021
Fran Pouso, un dos integrantes da Ecobrigada constituída dende Amicos

A Área Social de ENCE, en colaboración coa empresa de inserción laboral Properdis (firma xestionada pola Asociación Amicos, con sedes en Boiro e Ribeira), veñen de pór en marcha unha iniciativa para previr incendios forestais nos nosos montes ao tempo que se favorece a formación e máis a empregabilidade dos colectivos de persoas con diversidades funcionais-cognitivas. Estamos a falar do proxecto ENCE Integra, unha proposta para “impactar positivamente no estado de conservación de montes e parcelas rurais”.

Para o devandito cometido, ENCE botou man da Ecobrigada, un equipo diverso formado na súa maioría por persoas con diversas capacidades intelectuais e trastorno autista que se adica a prestar servizos de conservación de montes, parcelas rurais e xardíns.

O lugar de actuación foi o MVMC de Campañó en Pontevedra, onde existe unha ampla zona forestal próxima a diferentes aldeas como Moldes ou Piñeiro e instalacións deportivas, entre elas o Hipódromo de Pontevedra. Nesta zona, o proxecto ENCE Integra creou unha área de devesas (cortalumes),limpando e rozando 2,10 hectáreas de monte.

“No monte Campañó estivemos cortando acacias e rozando a carón das árbores”, así detallaba a natureza do seu traballo Fran Pouso, un compañeiro da Ecobrigada, constituída por un capataz e tres peóns forestais en risco de exclusión social.

De forma máis específica, Amicos explica que ENCE Integra persegue “a mellora do perfil socio laboral dos traballadores, realizando un traballo produtivo, para que poidan adquirir unha cualificación que lles permita unha incorporación efectiva a medio prazo no mercado laboral ordinario”. Todo isto, engade a asociación, “en perfecta sintonía coa realización de traballos de prevención de incendios forestais e posta en valor dunha zona de interese paisaxístico e natural xunto coa conservación das masas forestais”.

O proxecto ENCE Integra está enmarcado na convocatoria de Plan Social Ence Pontevedra 2019.

No Youtube hai un vídeo específico para recadarmos máis datos sobre esta iniciativa social e laboral.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...