Amicos celebra o Día Mundial do Síndrome de Down achegándonos a historia do noiés Luis Salgado

18 Marzo 2021

Este domingo 21 de marzo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down e a Asociación Amicos non quere deixar pasar a ocasión de conmemorar a xornada ao tempo que reivindica a plena inclusión social e laboral e as importantes capacidades deste colectivo. As celebracións de Amicos teñen un protagonista concreto: o compañeiro da asociación Luis Salgado, cuxa vida (coas súas dificultades e os seus moitos logros) poderemos ver o domingo no audiovisual A Historia de Luis, achegado por Amicos.

Os acontecementos vitais de Luis, natural de Noia (aínda que nacido en Caracas, Venezuela), son relatados polos seus familiares, entre os que se contan o seu irmán, a súa tía e as súas curmás, que contan os moitos obstáculos que tivo que salvar na súa nenez e na súa xuventude, ao que se engade o feito de ter perdido máis tarde aos seus pais: “Os seus pais faleceron, a súa nai morreu hai moi poucos meses, vive co seu irmán e tenos a nós, as súas e a súa tía, que é con quen comparte o seu día a día”, explica no vídeo Mª Inés Pérez, a súa curmá, que relata tamén o duro golpe que supuxo a enfermidade e o falecemento da súa nai.

No audiovisual, a súa curmá pequena Lucía Castro, con tan só once anos, é consciente que seu curmán ten síndrome de Down, pero que este feito non o fai diferente: “É o meu primo como calquera outra persoa”, afirma a menor da familia.

Polo que se refire ao tempo presente, o vídeo cóntanos como é o día a día actual de Luis, cos seus 39 anos e coas súas inquietudes (como soñar con ser avogado e xogar de maneira independente as súas afeccións favoritas, como o fútbol).

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.