AMBAR impulsa un servizo de emprego que implica a empresas e particulares

29 Marzo 2021

A asociación inclusiva AMBAR, con sedes principais en Ribeira e A Pobra, está a impulsar un servizo directamente encamiñado a derrubar barreiras en materia laboral para os colectivos aos que dá acubillo a entidade da nosa comarca: o servizo Emprego Ambar. Presentarase este 30 de marzo ás 19.00 horas nunha xornada telemática e en directo. Trátase dunha ferramenta integrada na web de AMBAR que estará dirixida a empresas e particulares, co fin de permitirlles implicarse no obxectivo básico da iniciativa: mellorar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas con diversidade funcional e garantir a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego na contorna da Barbanza. AMBAR, como lembraremos, é centro colaborador do Servizo Público de Emprego.

Esta acción enmárcase na conmemoración do 2 de abril do Día Mundial da Concienciación

sobre o Autismo baixo o lema Podo aprender, podo traballar.

A presentación realizarse nun vídeo en vivo a través da conta de Instagram da entidade e logo compartirase no resto das canles. Estará guiada por Daniel Tojo, orientador laboral de AMBAR. Nesta sesión, explicarase que é o Servizo de Orientación Laboral e en que pode axudarme como demandante de emprego ou empresa. Ademais aproveitarase para presentar a páxina web de Emprego AMBAR, dispoñíbel xa na Rede. Esta páxina conta conconsellos e información práctica para crear empresas máis inclusivas, a través da adaptabilidade e accesibilidade de postos de traballo, información actualizada das subvencións e ofertas de emprego vixentes. A asociación engade que a web servirá tamén para publicar cada semana un boletín con ofertas e información relevante sobre emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.