“A xeolocalización da pesca profesional e recreativa ten o apoio da eurocámara”. Antón Luaces

03 Marzo 2021

A mellora do control da pesca mediante o uso da xeolocalización obrigatoria de todos os barcos pesqueiros -profisioinais e recreativos- da Unión Europea conta co apoio do Parlamento Europeo. Así o confirmou a eurodeputada socialista española Clara Aguilera, ponente na Eurocámara sobre o regulamento para modificar o control pesqueiro da UE.
Aguilera subliñou  os avances sobre o ditamen parlamentario para a revisión dunha das normativas “máis importantes” da Política Pesqueira Común (PPC).Os acordos acadados polos distintos grupos parlamentarios reflíctense no voto da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, entre estes a imposición da xeolocalización dos buques. Tamén son partidarios de estender a obriga do “diario electrónico” a toda a frota (agora hai excepcións para as embarcacións máis pequenas).O informe aínda ha pasar polo Pleno da Eurocámara o vindeiro 9 de marzo, onde se poden introducir modificacións. Cando a Eurocámara confirme a súa posición, comezará a negociación  co Consello da UE (no que figuran os representantes dos Gobernos) e resulta previsible co regulamento non estea listo ao menos ata a primavera de 2022.Aguilera coida  que haberá un prazo de transición de catro anos para que o sector se adapte á modernización da normativa e que os cambios tecnolóxicos non deben ter custsos adicionais para os pescadores.O máis controvertido da reforma do control pesqueiro foi a imposición dun sistema de cámaras de vídeo a bordo dos barcos, que a Comisión defendeu para que se instalen “vontariamente” e que o armador que as instale reciban incentivos como, por exemplo, un aumento das cotas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.