“A xarda, cabalo de batalla no Cantábrico noroeste”. Antón Luaces

22 Marzo 2021

Non é de hoxe. Nen tan sequera de onte. Ven de outrora, cando un Goberno en minoría tivo que recorrer -tragando sapos- á axuda dos nacionalistas bascos para poder se manter no garigolo do poder. E a campaña da xarda no caladoiro Cantábrico Noroeste é, cada ano, un cabalo de batalla no que os xinetes son os armadores e tripulantes dos aproximadamente 250 barcos de baixura de Galicia, Asturias, Cantabria e País Basco que van a ela, á cabala, desde os límites con Francia ata os que España ten con Portugal no sur de Galicia.O problema derívase da desigoaldade de trato e oportunidades que outorgan a bascos e cántabros ós denominados dereitos históricos, consecuencia das capturas asimesmo históricas que son as que se realizan a partires dunha data determinada regulamentariamente e que benefician ostensiblemente aos armadores e mariñeiros vascos e cántabros (máis aos primeiros) en detrimento desa especie de refugallo que queda no caladorio nacional Cantábrico Noroeste para os seus compañeiros asturianos e galegos. Unha proba evidente da inexistente “solidariedade”  e que deixa claro que o que prima no mar é o interese particular de cada quen por máis que en Galicia existan algúns armadores que son quen de renunciar a parte dos seus “dereitos históricos” para repartir estes con aqueles que carecen deles.Uns dereitos que emanan da Lei 3/2001, de 26 de marzo, de Pesca Marítima do Estado que percuran, segundo se entende da súa redacción, como baseada no equilibrio das posibillidades existentes e na explotación racional e responsable para opter o emprego ótimo dos seus factores de produción, favorecendo deste xeito a súa rendibilidade e mellorando as condicións da pesca para acadar unha política de igualdade de oportunidades de carácter horizontal.Dos obxectivos establecidos pola Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, figura o de non renunciar nunca a mellorar esta situación para que a igoaldade de oportunidades sexa efectiva é primordial, segundo manifestaba o presidente da entidade, o galego Basilio Otero, que sabe que vai custar moito que uns poucos renuncien a esas prebendas dos dereitos históricos, pero que non perde o ánimo para acadalo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.