A Pobra celebra o 8-M cun programa centrado na educación na igualdade

05 Marzo 2021

O Concello da Pobra presentou este xoves o seu programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), unha xornada que o Goberno local conmemorará poñendo o foco na importancia de fomentar a igualdade de nde idades temperás. De feito, o epígrafe que cingue todas as accións previstas (o lema unificador) é A igualdade comeza pola educación. Isto explica o feito de que boa parte das accións previstas levaranse a cabo nos centros de ensino da Pobra. A axenda foi presentada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).

A edil incidiu na importancia desta data, pois “é moi importante visibilizar un movemento tan importante, que está medrando cada ano e que nos está apoderando”. Segundo explicou, para o alumnado de secundaria no instituto pobrense configuráronse os obradoiros Novas masculinidades, dirixida aos rapaces, e Apoderamento feminino, destinado ás rapazas. Serán un total de 28 sesións que se impartirán durante os meses de marzo e abril.

No que respecta ao alumnado da primaria no Salustiano Rey Eiras e no Pilar Maestú Sierra, na próxima semana comezará un xogo virtual e interactivo que consta de 30 preguntas sobre a igualdade.

E, para as e os escolares da educación infantil, Troskita ofrecerá contacontos pola igualdade.

Por outra banda, convídase toda a veciñanza a participar nunha manifestación virtual mediante a colocación na fiestra ou no balcón dunha pancarta ou mandil, publicar as fotos nas redes sociais e etiquetar a Concellería Igualdade A Pobra e cinco amizades coa finalidade de que a mensaxe sexa difundida.

Así mesmo, para o propio 8 de marzo está prevista unha caravana feminista. O circuíto iniciarase ás 20.00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros. Concluirá no aparcadoiro do recheo, onde se levará a cabo a lectura do manifesto. A concelleira e o alcalde explicaron que as persoas asistentes deberán ficar no interior dos seus vehículos co obxectivo de respectara medidas establecidas por mor da COVID-19. Contarase coa colaboración da Policía local e das persoas voluntarias da Protección Civil.

Tamén fixeron saber que as accións para o eido educativo se atopan financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo Ministerio da Igualdade. Ademais, a Administración local está adherida á campaña OitoM, Moito por cambiar, da Deputación da Coruña, a cal promove unha serie de espazos en liña (online) e apoia a mocidade no seu papel como axente de cambio.

Outros artigos

Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53ª edición

Curtas Festival do Imaxinario, o festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, con sede en Vilagarcía, presentou o cartel da súa 53ª edición. A imaxe, creada un ano máis polo artista arxentino Flavio Greco, mostra aos "Profundos", criaturas anfibias e...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.