A Pobra acollerá un curso de primeiros auxilios

26 Marzo 2021

O Concello da Pobra organiza xunto coa Escola Galega de Saúde para cidadáns un curso de primeiros auxilios o 30 de abril, que se enmarca na programación deseñada para este 2021 no ámbito da aprendizaxe de facilitar o acceso ao mundo laboral.

A acción, dirixida a familiares de pacientes, persoas coidadoras e cidadanía xeral, ten como obxectivos adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran a actuación de primeiros auxilios. Así, o programa focalízase na atención inicial nas situacións de urxencia máis comúns, tales como traumatismos, convulsións, epilepsias, dor torácica, queimaduras…

As clases impartiranse no 30 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na aula multiusos da Casa da Mocidade, cun número de prazas limitadas e baixo as medidas implantadas por mor da COVID-19. Tódalas persoas interesadas poderán formular a súa inscrición dende o 29 de marzo ata o 9 de abril a través do rexistro do Concello, tanto físico como telemático, onde está á disposición o documento de solicitude.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.