“A pesca pantasma”. Antón Luaces

06 Marzo 2021

Son cada vez máis os países que se suman á iniciativa de pór remate ao abandono no mar de aparellos de pesca que, unha vez cortados ou producida a rompedura quedan ao garete pescando exactamente o mesmo que o poden facer dende o barco. Hai, deste xeito, milleiros de toneladas de peixe morto que non contabiliza como capturas que, indubidablemente, suman á hora de rexistrar a redución no stock. O mar e, especialmente o fondo mariño, está alfombrado con redes e esqueletes de peixes que xa nen siquera aboian.Que facer?. O mellor sería poder traballar en equipo cos barcos de arrastre; pero deste xeito o dano pode ser dobre. Así que deberá ser o sector, conxuntamente coas autoridades pesqueiras, quen deseñe un sistema que permita a recuperacións deses panos perdidos -a veces case que un aparello enteiro- ou, cando menos, fixar a posición na que se produciu a perda, pero tendo en conta a deriva se, efectivamente, queremos contribuir á súa recuperación.Talvez esa recuperación sería máis doada se o barco que perde a rede fai todo o posible para tentar “metela” a bordo novamente dende o instante no que se ten consciencia de que a rompedura se produciu. Porque tamén é sabido que moitos barcos optan por deixar ir o aparello que perder tempo en recuperalo. A proba está, como dicía anteriormente, en que eses cachos de rede están a actuar como redes de deriva, capturando todo o que atopa na súa deriva ata que un peso maior o afunde definitivamente ou as correntes o leva ata algún lugar no que queda enganchado, permanentemente submerxido e “pescando”.Hai que acabar dunha vez con este contumaz enimigo da pesca e os pescadores, cuxas “capturas” son incalculables e non representan ningún valor efectivo para os mariñeiros e os seus armadores. Polo tanto adicar un pequeno esforzo e un pouco do tempo de traballo a ese labor de recuperación semella ser máis efectivo que o laiarse pola perda do aparello, a reposición deste e non facer nada por evitar que siga a pescar sen que ninguén o dirixa e controle.Na actualidade hai unha especie de consorcio de países “xuramentados” para loitar contra esas redes pantasma que, como anteriormente sinalaba, seguen a pesar como redes de deriva, esas odiosas cortinas da morte retiradas ou prohibidas en mares e buques de pesca da Unión Europea, pero que continúan a ser empregadas como verdadeiras armas letais contra a pesca responsable en países nos que o de menos semella ser a sustentabilidade.

Outros artigos

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

+

“Justicia e igualdad en nuestra democracia”. José Fernández Lago

Por pocos sentimientos altruistas que tengan nuestros conciudadanos, observarán que desde los ámbitos superiores, en sus resoluciones, intentan lograr un aumento de votos los partidos del poder, o bien su enriquecimiento personal. Además, desde esos ámbitos es más...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.