A Deputación adxudica por 176.300 euros o remate da ponte sobre o rego Pesqueira, en Lousame

10 Marzo 2021

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 176.300 euros os traballos para o remate da nova ponte sobre o rego Pesqueira na DP 4202 de Aldea Grande ao Couto, en Lousame. Segundo lembra a entidade provincial, estas obras ficaran paradas o pasado por mor da quebra da empresa construtora que tiña adxudicadas as tarefas a desenvolver, polo que o departamento provincial de Vías e Obras procedeu á resolución do contrato e redactou os novos proxectos técnicos para continuar e rematar o plan previsto, que agora vén de adxudicarse

Os traballos permitirán ampliar a plataforma da ponte sobre o rego Pesqueira de 5 a 12 metros e ofrecer un itinerario peonil seguro para os veciños.

Segundo engade a Deputación acerca da necesidade de impulsar este proxecto, “as reducidas dimensións da ponte que atravesaba o rego Pesqueira obrigan aos viandantes a circular polas beiravías sen pavimentar ou polo borde da calzada, o cal pon en risco a súa seguridade”. Para remedialo, explica a entidade provincial, “a nova ponte contará con beirarrúas de 2,25 metros de ancho en cada marxe, recubertas con baldosa hidráulica, permitindo así cruzar a pé con total seguridade”.

Amais, o ancho da nova plataforma permitirá a execución de dous carrís de 3,5 metros para a circulación de vehículos.

As obras financiadas pola Deputación incluirán o acondicionamento da estrada DP 4202, para ampliar gradualmente o ancho da calzada até os 12 metros nas inmediacións da nova ponte. Esta será “unha estrutura dun único vano”, respectando a tipoloxía do viaduto actual. Os taboleiros estarán formados por dúas trabes en dobre T sobre as que se disporá unha lousa de formigón armado de 25 cm de espesor.

Así mesmo, formaranse cunetas para evitar a acumulación de auga nos laterais da calzada, e dotarase á ponte dunha sección hidráulica suficiente para facer fronte a grandes cantidades de auga.

Por último, reforzarase a capa de firme tanto nas inmediacións coma na propia ponte, mediante un fresado de profundidade que permita a incorporación dunha capa de base e outra de rodaxe.

Debido a que xa se demoleu a anterior ponte, o tráfico estará cortado nesta estrada, explicou a Deputación, engadindo que “mentres non sexa viábel circular por este treito da DP 4202, derivarase o tráfico polas pistas forestais existentes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.