A aula CeMIT de Boiro abre o prazo de inscrición para os cursos do mes de abril

16 Marzo 2021

O Concello de Boiro, a través da aula local CeMIT, servizo directamente encamiñado a dinamizar tecnoloxicamente o termo municipal e achegar formación dixital avanzada, ofrece un completo programa de xornadas de capacitación TIC para o mes de abril. A oferta inclúe cursos en modalidade presencial e tamén online. O prazo de inscrición nos cursos está xa aberto e poden facerse na aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

A axenda comeza cunha actividade de formación en Inkscape, que será online os días 5, 6, 7 e 8 de abril, de 10.00 a 12.00 horas. Entre o 5 e o 29 de abril, en modalidade presencial, vaise impartir un curso de inicio á informática e Internet, en horario aínda pendente de confirmar. Entre o 19 e o 29 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas, vaise impartir un curso de deseño 3D con SketchUp, que será en modalidade online.

Toda a información sobre a formación da aula CeMIT de Boiro está dispoñíbel no seu sitio en liña, na web municipal e tamén no Centro Social de Boiro. As inscricións para a formación do mes de abril poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.