A ABE asina un convenio con Halcourier para ofrecer ás socias e socios tarifas preferentes

05 Marzo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) asinou un convenio de colaboración con Halcourier Boiro para permitir que as socias e socios da entidade teñan prezos especiais para realizar o envío dos seus produtos.

Ademais, como froito deste acordo, Halcourier Boiro pon en marcha un novo servizo de envío de proximidade polo que os integrantes da asociación poderán realizar os seus envíos a Boiro, A Pobra e Ribeira a prezos reducidos.

“Con esta sinatura”, sinalou a ABE, “o noso comercio estarán en disposición de mellorar a súa competitividade e avanzar no proceso de dixitalización imprescindíbel no contexto actual”.

Subvencións ABE para envíos a domicilio

Amais desta iniciativa, a ABE informou da posta en marcha dun proxecto pioneiro no ámbito do tecido asociativo comercial, e que consiste nunha subvención para todos os socios e socias que realicen os envíos a través de Halcourier Boiro. Por medio desta axuda, a ABE cubrirá até o 50% dos custes do envío que fagan os establecementos locais a través do dito servizo de mensaxería (cun límite de 150 euros ao ano por socio e cun máximo de 4.000 euros para todas as axudas deste ano 2021, cifra que podería ir incrementándose en función da aceptación do servizo e tesourería da ABE).

O servizo funcionaría deste xeito:

1. A socia ou socio fai os seus envíos de forma normal chamando a Halcourier Boiro (659 36 66 64).

2. No primeiro envío teñen que asinar a aceptación das condicións de servizo

3. Cada mes Halcourier manda a ABE unha relación dos envíos e dos custes de cada socios tarificados xa cos prezos especiais do convenio.

4. A ABE emite mensualmente unha nota de cargo a cada socio co importe dos seus envíos ao que se lle aplicará un desconto do 50%.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.