16 positivos en colexios do Barbanza

04 Marzo 2021

A Consellería de Educación confirma un positivo no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras. O alumno leva sen acudir ás instalacións escolares desde o pasado 22 de febreiro, cando comezou unha corentena por ter contacto directo cun enfermos con covid da súa contorna familiar, e foi ao realizarlle a segunda PCR cando se descubriu que tamén contraera o virus.
Con este enfermo da covid xa son dez os que se vinculan a instalacións docentes da capital ribeirense onde seguen pechadas tres aulas no CEIP de Frións, outra no de Palmeira e outra en O Grupo no que só quedan cinco casos activos. En Noia hai un contaxiado no Felipe de Castro e outro no Campo de San Alberto; e Boiro un positivo no Praia Xardín e outro no IES A Cachada e en A Pobra e Porto do Son teñen un enfermo no instituto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.