Volven polo Entroido os Cadernos Culturais en Boiro

03 Febreiro 2021

O Concello de Boiro presentou na mañá deste 3 de febreiro a publicación Entroidos populares. O enterro do óso en Abanqueiro, recuperando así os Cadernos Culturais como motivo dos festexos do Entroido.

Esta iniciativa naceu fai máis de tres décadas, cunha colección propia editada polo Concello de Boiro a través de cadernos divulgativos sobre o patrimonio arqueolóxico do municipio.

Coa publicación O enterro do óso de Abanqueiro retómase a tradición, coa que se pretende seguir cunha liña sobre a recuperación da memoria histórica. A obra tratará sobre o Entroido popular máis antigo que existe en Boiro, e que data de fai máis de 100 anos, co enterro do óso de Abanqueiro.

A idea parte da educadora social Sara Roo, que está a desenvolver seu proxecto sobre a recuperación da memoria arredor do enterro do óso. Tódalas persoas que queiran aportar información, fotos ou documentación sobre o Enterro do óso de Abanqueiro, poden poñerse en contacto a través do enderezo electrónico centrosocial@boiro.org, ou acudir ao Centro Social con cita previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.