Rianxo mantén a aposta polo aforro enerxético da man da FAEPAC da Deputación da Coruña

19 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña acordaron hoxe a renovación do convenio que permite manter os servizos de asesoramento ao municipio en materia de aforro e eficiencia enerxética xestionados pola Fundación Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), entidade encargada de prestar servizos de asesoría e de análise e control enerxético.
O convenio recolle un plan individualizado de mellora eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables que desenvolverán os técnicos de FAEPAC para favorecer ao municipio de Rianxo. O asesoramento técnico está dirixido ao seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefacción do servizos públicos, ademais de manter informado ao concello sobre as modificación
lexislativas e tarifarias, axudas e novo materiais.
O presidente da Deputación da Coruña, González Formoso, destacou que “utilizar o coñecemento da FAEPAC é importante para axudar aos concellos a aforrar na súa factura eléctrica”. Pola súa parte, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, declarou que “ a FAEPAC permite plantexar novas estratexias de eficiencia enerxética”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.