Reciclados na Pobra 6.817 quilogramos de aceite de cociña usado en 2020

02 Febreiro 2021

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal fixo balance do logrado polo servizo local para a recollida de aceite de cociña usado. En total, acadáronse 6.817 quilogramos no ano que vimos de deixar atrás, que foron depositados ao longo do 2020 nos 15 colectores repartidos por diferentes zonas do municipio.

Deste xeito, os contedores que máis quilogramos de aceite acolleron foron: o aparcadoiro do recheo (1.130 kg); zona verde da rúa Barrantes (940 kg); na rúa Curraliño (790 kg) e fonte ao bar de O Campiño (740 kg). Ademais recolleuse unha cantidade considerábel no lugar da Covecha, na rúa Venecia, no lugar da Virxe do Monte, con 530, 470 e 460 kg respectivamente. O colector no que menos cantidade se depositou foi a explanada da Pedreira (5 kg), debido a que se instalou a finais de ano.

Esta cifra supera en arredor de 2.000 quilogramos á do ano 2019 e en 4.000 con respecto ó 2018. Esta iniciativa supón que neste ano pasado, evitáronse preto de 7.500.000 litros de auga ao non tiralo polos sumidoiros.

Esta boa acollida da iniciativa por parte dos cidadáns tradúcese nuns bos resultados. Así, a Área do Medio Ambiente valora aumenta-lo número de colectores, e lembra que o depósito do aceite debe realizarse en recipientes de plástico para evitar que se produzan verteduras.

Outros artigos

A Pobra dá continuidade aos obradoiros de arte floral nar parroquias

A veciñanza da Pobra do Caramiñal potencia nas últimas semanas a súa creatividade a través dos cursos de arte floral organizados pola Concellaría da Participación Veciñal no afán de dinamizar o rural con actividades. Estes obradoiros impártense neste mes de xuño no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

Dende o clásico "pezqueñines no, gracias" dos anos 80 do sèculo pasado, a outras campañas de corte semellante desenvolvidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os distintos gobernos españois nunca apoiaron con convencemento ao sector pesqueiro,...