Pobra traballa no reforzo do persoal da Policía local

12 Febreiro 2021

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e mailo concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), deron hoxe conta da situación en que se atopa a Policía local e anunciaron que están na busca de solucións.
O rexedor explicou que o cadro de persoal orixinal conta con 11 axentes e o xefe de policía, pero que se viu reducido a 2 axentes dispoñibles actualmente, entre eles o nomeado xefe accidental. Unha redución que se deu, segundo manifestou, polas prexubilacións, baixas e comisión de servizos. Engadiu que a maiores hai tres auxiliares e que esta cifra non foi incrementada porque, para o desenvolvemento das súas tarefas, precisan de axentes que acompañen durante as súas gardas. Do mesmo xeito, manifestou que se solicitaron as prazas á Academia Galega de Seguridade Pública, mais declarou que non é unha solución inmediata, pois “o proceso selectivo no caso da Policía tarda, é bastante longo, porque primeiro son as probas e despois as prácticas antes de que poidan chegar a incorporarse”, ao cal se sumou que no pasado ano se suspenderon as probas pola situación derivada da COVID-19.
De igual maneira quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza, pois, tal e como afirmou, o Goberno está analizando diferentes opcións para incrementa-la seguridade cidadá, ademais de contar coa colaboración da Garda Civil, que reforza as súas gardas na medida das súas posibilidades, polo cal agradeceu a súa implicación e traballo.
Pola súa parte, o edil José Andrés Lojo fixo fincapé na complexidade de atopar unha solución a esta realidade porque, lembrou, o persoal auxiliar da Policía non ten a mesma autoridade ca un/unha axente. En consecuencia, as posibilidades sobre as cales están a traballar son, en primeiro lugar, o pagamento de horas extra ao persoal actual, o cal permitiría engadir noites no cuadrante. E outra das alternativas é a contratación de seguridade privada, por medio de gardas xurados que, se ben non teñen as mesmas competencias ca a Policía local, si confiren un efecto disuasorio e poden dar aviso ás forzas de seguridade. Unhas medidas que teñen a finalidade de ofrecerlle á veciñanza “a maior seguridade posible.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...