Outes celebra o Día de Rosalía cunha exposición, poemas nos comercios e libros de agasallo

23 Febreiro 2021

O Concello de Outes volverá a celebrar un ano máis o Día de Rosalía de Castro, que ten como data o 24 de febreiro, día do seu nacemento. Desta volta o Goberno local porá en marcha diversas actividades, dende unha exposición con poemas ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes na Casa da Cultura, poemas nos comercios e agasallando cun libro e unha flor a tódolos cativos que pasen ese día pola biblioteca.

As actividades terán como protagonistas aos máis novos, como é no caso dos poemas ilustrados do alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes, que nace dunha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes. Esta acción servirá para plasmar as obras nos soportes facilitados polo concello co fin de socializar e homenaxear a obra de Rosalía.

Ademais, unha serie de poemas e ilustracións serán seleccionados para distribuílos polos escaparates dos comercios do municipio, e outros tantos estarán dispoñibles a través dunha exposición na casa da cultura da Serra, que será inaugurada o propio 24 de febreiro. Nesa mesma liña, todas as persoas que acudan á biblioteca municipal ese día recibirán o agasallo dun libro en galego e unha flor.

O alcalde de Outes, Manuel González, destacou a importancia da obra de Rosalía por “ser un discurso feminista e inconformista e os debuxos permitirán ver a súa obra desde unha óptica diferente”. Ademais o alcalde explicou a importancia destas actividades xa que “ permite sumar sinerxías positivas e promover o comercio”.

Outros artigos

José González loa o traballo de ADISBISMUR pola inclusión laboral

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as...

+

Este 15 de agosto volve A Feiriña de Outes

O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vai organizar esta fin de semana a nova edición (a sétima) da Feiriña, un encontro para reivindicar as relacións veciñais e comerciais tradicionais, a creatividade local (e galega) e a dinamización...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A esperanza” – José Manuel Pena

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.