Os puntos de recollida de aceite usado de Rianxo xuntaron 4.410 litros para a súa reciclaxe

01 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo vén de facer balance da actividade xerada o ano pasado para favorecer no termo municipal a xestión sustentábel do aceite usado xerado pola actividade doméstica e empresarial. Segundo confirmou o Concello, os sete puntos de recollida do dito material orgánico recibiron 4.410 quilos ao longo de 2020. Deste xeito, explícase no balance, evitouse a contaminación de 4.851.000 litros de auga.

O equipo de Goberno rianxeiro confirmou tamén que está previsto instalar outros cinco máis que sigan sumando aceites usados.

A empresa de recollida é Green Ambiental, con sede en Lalín.

O Concello aproveitou para lanzar un novo chamamento á cidadanía para seguir incrementando, cada ano, a cifra de aceites usados de cociña para a súa correcta reciclaxe. Tamén recorda que cada litro deste material afecta a 1.000 litros de auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.